Novas da Banda de Música de Chapela

Eiquí podes consultar as últimas novas da Banda de Música. Tamén publicarémolas en Facebook.

A Banda de Música de Chapela Sorprende con unha actuación co grupo de percusión Odaiko

O vindeiro sábado, 6 de agosto, ás 22.00 horas na praza da casa da Torre de Redondela, terá lugar un espectáculo multidisciplinar no que se xuntarán a música co humor para ofrecer ó público un espectáculo único compartido entre a Banda de música de Chapela e o grupo de percusión Odaiko pe

A Banda de Música de Chapela Partricipa no XXI festival de Bandas de Goian 2016

A Banda de Música de Chapela participa o venres 29 de Xullo ás 21:00 no XXI  festival de Bandas de Goián 2016, onde compartira escenario coa Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia e a Banda anfitriona Agrupación Musical de Goián.

A Escola de Música de Chapela continua coa matrícula aberta durante o mes de xullo

A Escola de Música de Chapela mantén aberto ata o próximo día 31 o prazo de inscrición para o curso 2016-2017. Como novidades para o próximo curso ampliarase a oferta ata vinte modalidades instrumentais, coro para adultos e un novo método de ensino dixital.

Un ensemble de clarinetes da Banda e a Escola de Música de Chapela clausuran a feira do libro 2016 en Redondela

Un ensemble de clarinetes da Banda e escola de Música de Chapela ofrecerá un concerto, o domingo 19 de Xuño ás 19:00 horas, como acto de clausura da feira do libro 2016 do Concello de Redondela  

Páxinas