o próximo sábado 27 música e humor na alameda de chapela (anulado por previsión de mal tempo)

PRÓXIMO SÁBADO HUMOR E MÚSICA NA ALAMEDA DE CHAPELA

O vindeiro sábado, 27 de Maio, ás 21.00 horas na alameda de Chapela, terá lugar un espectáculo multidisciplinar no que se xuntarán a música co humor para ofrecer ó público un espectáculo único compartido entre a Banda de música de Chapela e o grupo de percusión Odaiko percussion group.
Este concerto, está pensado por e para o público infantil e adulto, no que teran unha gran participación no concerto, tanto os máis cativos, que se poderán adentrar nos clásicos da música con este espectáculo, como para os máis adultos.
O concerto será un viaxe musical a través de diferentes países e culturas, pero sempre da man do humor, un concerto irrepetible a cargo da banda de música de Chapela acompañado de un dos mellores grupo de percusion actualmente existentes 
O concerto está organizado pola concejalia de cultura, dentro da programación de verán do Concello de Redondela