Novas do Grupo de Pandeireta Semente Nova

Eiquí podes consultar as últimas novas do grupo de pandeireta Semente Nova. Tamén publicarémolas en Facebook.

Diario de Pontevedra - Semente Nova de Chapela

Co obxectivo de recuperar as tradicións de Chapela, a Asociación Cultural e Social desta localidade redondelana creou en 1994 unha escola de pandeireteiras, da que naceu o grupo Semente Nova. Este colectivo conta na actualidade con 25 persoas que interpretan e recollen as antigas cantigas que compoñían a banda sonora da localidade noutro tempo, á vez que rescatan do esquecemento os traxes tradicionais e os distintos obxectos que se utilizaban a modo de instrumentos musicais para acompañar as voces e o ritmo das pandeiretas.

Páxinas