Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!

Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.

Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.

Últimas novas

"Fonte Do Ouro" e "Os Xuveniles" actuan o Sábado 5 de setembro na Praza Da Torre de Redondela

O grupo de baile "Fonte Do Ouro" e o grupo de gaitas " Os Xuveniles" pertencentes á Asociación Cultural e Social de Chapela, actuarán o sábado 5 de setembro ás 21 horas na Praza da Torre de dentro da programación cultural de verán do concello de Redondela

A Escola de Música de Chapela fai a presentación do novo curso con un concerto didáctico

A Escola de Música de Chapela fará a presentación do seu próximo curso, o venres 4 de Setembro ás 19 horas no auditorio do Multiusos de Chapela, cun concerto didáctico no que contará coas actuacións do Quinteto Rubato , a Banda de Música

Actuación da Banda de Música de Chapela na festa de San Mamede en Quintela (Redondela)

A Banda de Música de Chapela actuara o proximo sábado 8 de Agosto nas festas de San Mamede en Quintela Redondela donde as 12 da mañan acompañara a procesión. 

Actuación forma parte da programación do convenio interparroquial do Concello de Redondela

Páxinas